O Twitter oficial do concello de Noia pasa a ser @ConcelloNoia , convídovos a que o sigades 

O Twitter oficial do concello de Noia pasa a ser @ConcelloNoia , convídovos a que o sigades 

O anterior goberno de Miguel Paz négase a dar os contrasinais das redes sociais

O traspaso de poderes no Concello de Noia foi de todo menos un xogo limpo por parte do anterior goberno encabezado por Miguel Paz. Tras varias peticións dos contrasinais das distintas redes sociais do Concello por parte do novo executivo noies -mesmo cun requirimento policial ao señor Lage- o único que estes obtiveron foi unha negativa ou un “eu non as teño”. Irónico canto menos. Unha tomadura de pelo auténtica xa que se realmente non as tivesen non actualizarían devanditos perfís ata o mesmo día antes da moción de censura. Está claro que algúns teñen moi mal perder e prefiren prexudicar ao pobo antes que facer un traspaso limpo e lóxico. Como consecuencia desta mala actuación o goberno actual de Santiago Freire creou unhas novas contas en Facebook (Concello de Noia), Twitter (@ConcelloNoia) e Instagram (concellonoia). Todas elas de carácter oficial e a través das cales manterán unha comunicación diaria, constante e actualizada con todos e cada un dos veciños e veciñas de Noia. 

PROGRAMA DAS FESTAS DE SAN BARTOLOMEU (21 AO 26 DE AGOSTO)

NOIA-PROGRAMA FESTAS DE SAN BARTOLOMEU-2015

Imaxe

Cartel Festas San Bartolomeu 2015 (21 ao 26 de agosto)

cartel festas san bartolomeu-Noia 2015

FESTIVAL INTERNACIONAL DE ARPA VILA DE NOIA

II Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, Noia Harp Fest.  

 

Noia convértese no mes de agosto na capital europea da arpa. 

Arpistas de Europa e América protagonizan a segunda edición do Noia Harp Fest, Festival Internacional de Arpa Vila de Noia.

Os días 4, 5 e 6 de agosto, musicos internacionais de primeira liña estarán presentes no Noia Harp Fest que, na súa segunda edición, presenta concertos exclusivos para España como o da escocesa Catriona Mckay, co violinista Chris Stout, ou o da Orquestra Sinfónica Vigo 430 con Francesca di Nicola e Alba Barreiro como solistas de arpa.

“O Goberno Local ten como obxectivo situar a Noia como unha vila de referencia no ámbeto cultural, entre as do seu tamaño no conxunto de vilas europeas” explicaba José Manuel Lage, concelleiro-delegado de Cultura e Patrimonio_ “e para iso entendemos que impulsar o Festival Internacional de Arpa Vila de Noia é un paso relevante que nos permite singularizarnos e poner a Noia no mapa”.

Do mesmo xeito  dende o goberno local salientan as intervencións previstas no Festival por parte dos galegos Roi Casal e Arpistas de Sondeseu, así como a do  catalán Josep María Ribelles. De igual xeito fan fincapé na figura do galego, nado en Compostela, Manuel Vilas, especialista en arpa barroca recoñecido en toda Europa.

Tamén neste Festival haberá representación de Latinoamérica, concretamente de Paraguay, coa presenza de Darío Duarte.

Durante os tres días de festival haberá clases maxistrais e exposición de luthiers procedentes de Galicia e Valencia. Os concertos terán lugar en tres emprazamentos diferentes da vila: a igrexa de Santa María A Nova, o teatro Coliseo Noela e a praza do Tapal.

O concerto do martes día 4 de agosto a cargo da Orquesta Sinfónica Vigo 430, realizarase no teatro Coliseo Noela e a entrada terá un prezo de cinco (5) euros para o público en xeral, e catro (4) euros para os colectivos de xubilados/as e mozos/as. O resto das actividades do Festival serán de acceso libre e gratuito.

“A segunda edición do Noia Harp Fest ten lugar despois do éxito acadado na edición do 2014, co público abarrotando os recintos e inaugurando un festival único no seu xénero no noroeste peninsular” explicou hoxe o concelleiro-delegado de Cultura e Patrimonio, José Manuel Lage Tuñas.

O festival centrarase na mostra de diferentes estilos e estéticas musicais que teñen a arpa como elemento vinculador.

A organización dos eventos corre a cargo da Concellería de Cultura do Concello de Noia e a dirección artística é do músico galego afincado en Noia, Rodrigo Romaní.

Para máis información e contacto:

noiaharpfest.net

Rodrigo Romaní 626280506

Depertamento de Cultura Concello de Noia 981 84 21 00

Fotos en alta resolución:

Catriona McKay

Cartaz Edición 2015

Edición 2014:

Video resumo da edición 2014

Comunicacións.

Concello de Noia.

Cartel II Festival Internacional de Arpa Vila de Noia-agosto 2015-Cultura-concello de Noia

STAND-Selección de persoal laboral temporal

Convócase un proceso de selección de persoal temporal, concretamente unha (1) praza de pedagogo/a para cubrir unha baixa laboral no Servizo de Tratamento e Atención a Nenos/as con Discapacidade (STAND).

A urxencia vén derivada da necesidade que os nenos e nenas poidan dispor da atención que precisan e non se vexan afectados pola situación existente derivada dunha baixa laboral por un accidente dunha das profesionais que traballa neste servizo do concello de Noia.

Podedes consultar as bases aquí:

Noia-BASES – PEDAGOGA-STAND-Xullo 2015

Información sobre o párking da rúa xuíz Falcone

Este xoves día 30 de xullo celebaremos unha Charla Informativa para dar a coñecer á cidadanía o proxecto do párking da rúa Xuíz Falcone.

A charla correrá a cargo do director do proxecto, Alfonso Salgado.

Será no Salón de Actos da Casa da Cultura “Antón Avilés de Taramancos” ás 21 horas (nove da noite).

Estades todas e todos convidados.