Arquivos diarios: 27/04/2012

Melloras no mercado municipal

O pleno da corporación aprobou por unanimidade destinar os 36.250 euros do programa “Remocicar III” incluído no plan de Modernización de Mercados  Locais á mellora da praza de abastos.

Nesta fase III do programa Remocicar inclúense obras de mellora no saneamento e entubado do mercado municipal de abastos. Tamén inclúe outras melloras como instalar unha rede wi-fi, e acondicionamento das zonas de contenedores.

A Concelleira de Industria e Comercio Mónica González Eiras considera que con este investimento vaise solucionar un problema importante no mercado municipal, o que xunto coas melloras nas zonas de contenedores e a wi-fi vai permitir un importante avance para os usuarios da praza de abastos.

En anteriores fases do programa Remocicar, (en execución) aprobouse dotar dun sistema de cubrición por toldos para o mercadiño ambulante de produtos tradicionais, que ira acompañado con bolsas e mandís coa imaxe corporativa do mercadiño. Outra das fases permitirá instalar novo mobiliario no casco histórico.

Este proxecto foi aprobado pola Mesa Local de Comercio, constituída por representantes dos grupos municipais do Concello de Noia, representante da Xunta de Galicia, Asociación de consumidores (representado por Amas de Casa) e a Asociación de comerciantes e profesionais Noia Histórica.

Axenda deportiva do fin de semana

Fin de semana con pouca actividade na vila. Moitos dos nosos equipos xogan como visitantes nesta xornada.

 

Orde do día do pleno ordinario de 27 de Abril

1 .- Aprobación da acta da sesión de data 30/03/2012.

2 .- Dación de conta das resolucións da número 877/2012 á número 1079/2012 e actas da Xunta de Goberno Local de datas 27/03/212, 03/04/2012, 10/04/2012 e 17/04/2012.

3.- Dación de conta dos informes de Intervención Municipal sobre a estabilidade orzamentaria dos meses de marzo e abril de 2012.

4.- Aprobación do proxecto “Remocicar 3. Arranxo dos entubados de saneamento e outras melloras da praza de abastos de Noia”, e solicitude de participación no Programa de Modernización dos mercados locais da Deputación Provincial da Coruña, anualidade 2012.

5.- Solicitude axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, Orde do 3 de abril de 2012 da Consellería de Economía e Industria.

6.- Rogos e preguntas.

XI Concurso de relatos de aventuras “Antón Avilés de Taramancos”

O escritor vigués Xosé Alfredo Naz Fernández gañou o XI Concurso de relatos de aventuras “Antón Avilés de Taramancos” co relato “O sorriso de Hitler”.

Nesta edición do concurso de relatos de aventuras participaron 18 obras, destacando o xurado a calidade das obras presentadas.